Axuda do Office 24.8
Para un resumo dos servizos de soporte actuais, consulte o ficheiro Readme que hai no cartafol do Office.
Os proxectos de localización do Office oferecen páxinas de soporte en moitos idiomas. Atope un resumo dos proxectos en idiomas nativos no sitio web do Office. Tamén pode atopar axuda e soporte en inglés no sitio web do Office.
Pregunte sobre o Office, atope axuda de voluntarios e discuta temos nas listas de correo públicas. Pode atopar moitas listas de correo xerais e especializadas no sitio web do Office en www.libreoffice.org.
Pode acceder aos foros na web para preguntar e responder preguntas sobre o Office. Escolla
para acceder ao foro no seu idioma.No caso de que lle preocupe calquera problema de seguranza ao usar este software, pode contactar cos programadores na lista de correo pública. Se desexa discutir calquera problema co outros usuarios, envíe unha mensaxe de correo á lista de correo pública users@global.libreoffice.org.
Pode descargar a versión máis recente do Office en www.libreoffice.org/download/.
Pode descargar a documentación como ficheiros en PDF, guías de uso e guías do sitio web de documentación do Office e documentation.libreoffice.org. Tamén pode acceder ao sitio web de documentación escollendo o menú .
Se quere ter un rol efectivo na comunidade global de Office, aceptarase moi ben que comente, discuta as características, propoña melloras, escriba un artigo de preguntas frecuentes ou un manual de como se fai algo, cree un videotutorial, etc.
Visite a páxina Participe do sitio web e siga as ligazóns aos colaboradores.